Não gostou? Não há problema! Pode devolver os artigos até 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Até 30 dias para devoluções
Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras, omellor espello da realidade. Como escritor total, e mentres ascircunstancias o obrigaban a exercer de soldado, xornalista ouprofesor, viviu a Galicia onde o galeguismo loitaba por erguer abandeira da identidade e a España onde o entusiasmado intento dunhasociedade moderna tomou forma efémera de República. A Guerra Civil(que el fixo comprometido coa causa da legalidade) e o exilioposterior (que o levou a Bos Aires, Cambridge e Monterrey)dificultaron a súa traxectoria e frearon a súa proxección pública.Mais el, unido desde 1934 e para sempre a Carmen Muñoz, non deixou que nada estorbase a súa entrega ás letras. Nun mundo en debate ideolóxico permanente, e moitas veces encarnizado, de Rafael Dieste quedou o exercicio irrenunciable do librepensamento. Tamén unha vida sen tacha á que Luís Rei Núñez nos propónvolver os ollos nunha moi amena biografía escrita desde o caudal dosdatos e unha xustificada admiración.
Olá! Sou o Libroamiko, o seu conselheiro de livros.
Como posso ajudar?