Não gostou? Não há problema! Pode devolver os artigos até 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Até 30 dias para devoluções
En Pelo de Cenoria, Jules Renard cóntanos a historia dun rapaz -el mesmo?-: constrúe o personaxe mediante bosquexos rápidos, incisivos, ás veces mesturados con poesía ou animados por un sentimento moi real e intenso da natureza, ás veces cruelmente irónicos, amargos, acentuados por un epigrama final. A novela é a dolorosa historia dun rapaz a quen a súa nai non ama e á que el tampouco ama, que é vítima do seu irmán, da súa irmá, de todos. Pelo de Cenoria non é un desgrazado heroe da bondade, nin un mártir, o seu destino converteuno nun rapaz astuto, hipócrita, mesmo mentireiro, disposto a se defender de calquera maneira. É un ser cheo de sentimentos que non sabe esteriorizar e cando se esforza, torpe e parvo, só excita a hilaridade. Publicada en 1894, Pelo de Cenoria, da que o seu autor tirou unha obra teatral e que foi levada ao cinema en diversas ocasións, é a obra máis coñecida de Jules Renard e a que o converteu nun escritor coñecido. Nesta novela, o seu autor narra a propia experiencia, a propia tristeza, e a pobre figura deste neno convértese en algo así como o símbolo da alma humana, esencialmente boa, ávida de afecto mais incapaz de abrirse aos outros, afogándose na propia amargura e na propia soidade.
Olá! Sou o Libroamiko, o seu conselheiro de livros.
Como posso ajudar?