Não gostou? Não há problema! Pode devolver no prazo de 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Política de devolução de 30 dias
Que pasaría se tódalas persoas tivésemos a subsistencia garantida? Como mudarían as nosas vidas? Despois da publicación da novela Xarfas no ano 2018, Alex Pernas (A Coruña, 1986) escribe no xornal dixital adiante.gal esta serie de relatos construídos arredor dun mundo onde chegou a establecerse a renda básica universal e incondicional.
Este libro recolle aqueles textos, ademais doutros dous inéditos, onde se amosa o antes e o despois, ensinando as consecuencias que tería unha renda básica nas nosas vidas, sendo unha pequena fiestra ao mundo do mañá.
Sen ningún tipo de etiquetas nin restricións, navegando dende a crítica social ata o misterio, e con personaxes de tódalas índoles e condicións, esta viaxe literaria non deixará indiferente a ninguén.