Não gostou? Não há problema! Pode devolver no prazo de 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Política de devolução de 30 dias
Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor. Que é a menstruación? Que teñen que ver os cambios coa reprodución? Que é a masturbación? Estas son só tres das moitas preguntas ás que Puberdade en marcha dá resposta de forma clara e dinámica, incluíndo consellos, refutando mitos e animando a formularse preguntas que poder compartir con outros adolescentes.Nunha etapa vital de grandes cambios, de incertezas e confusión, este libro, escrito por tres profesionais novas comprometidas coa educación sexual integral, ofrece información cun estilo fresco e amigable, para axudarlles aos e ás adolescentes a entender o que lles está a pasar. Tamén aborda temas importantes como a toma de decisións, as relacións interpersoais, os ideais de beleza e a seguranza en Internet.