Não gostou? Não há problema! Pode devolver os artigos até 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Até 30 dias para devoluções
Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso país, a cociña da casa converteuse desde a antigüidade no centro de reunión dos veciños e veciñas máis próximos, cara ao anoitecer, cando os labores do campo remataban ata o día seguinte. A carón do lume da fogueira, onde se preparaba a cea adoitaban falar dos aconteceres diarios do lugar ata ben entrada a noite.Entre grolos de viño e cuncas de café con chicoria, xurdían as historias máis recentes e as lendas... a meirande parte delas adornadas de misterio, de pantasmas, de lobishomes, de aparicións, da Santa Compaña, ou das lembranzas da fratricida loita acabada de rematar pero viva nas lembranzas.Os rapaces e rapazas escoitabamos unhas veces con atención, outras con temor. Ben sabiamos que despois nos custaría prender no sono... aínda así ficaron gravadas na nosa memoria.
Olá! Sou o Libroamiko, o seu conselheiro de livros.
Como posso ajudar?