Não gostou? Não há problema! Pode devolver os artigos até 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Até 30 dias para devoluções
(A vida feita anacos)A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menosunha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentandesde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e JosepPla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a queartella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre quepensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas conxenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle faltaachego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. LaiábaseTalleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. Oautor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados,dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidadeporque, mentres haxa abraio, haberá literatura.
Olá! Sou o Libroamiko, o seu conselheiro de livros.
Como posso ajudar?