Não gostou? Não há problema! Pode devolver os artigos até 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Até 30 dias para devoluções
Matthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea na Illa do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa, Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro, unha nena roiba e pencada de once anos chamada Anne Shirley é enviada cos irmáns. Mentres que Matthew acolleinstantaneamente a Anne, Marilla non está segura de quedar con ela. Con todo, a alegre e sumamente imaxinativa Anne transforma gradualmente a triste vidado tímido Matthew e a melindrosa Marilla, que chegan a vela como unha filla.A novela, publicada en 1908 con grande éxito, está inspirada nunha historia dun xornal, que a autora nutriu coas súas propias experiencias da nenez, a vida rural e as tradicións da Illa do Príncipe Eduardo.Esta historia sentimental pero encantadora sobre o paso á madurez dunha nena orfa pouco convencional converteuse nun clásico da Literatura Xuvenil e adaptouse para cinema, teatro e televisión.
Olá! Sou o Libroamiko, o seu conselheiro de livros.
Como posso ajudar?