Não gostou? Não há problema! Pode devolver os artigos até 30 dias
Não há como errar com um vale de oferta. O presenteado pode escolher qualquer produto da nossa oferta.
Até 30 dias para devoluções
Este libro é unha obra mestra que debería estar nas mans de toda persoa que ame a literatura. Nunha das súas moitas lecturas, mostra como unha nena leva a un pícaro da man ata o mundo da fantasía. Nesta viaxe o libro vai incorporando cores e textos en cada nova páxina, cada vez máis ricos e máis vivos, que nos fan sentir o poder da literatura ata deixarnos cos peliños dos brazos de punta. Cada paisaxe está construída con textos de obras da literatura universal relevantes. O monstro está feito de textos de Frankenstein e Drácula… A cova do tesouro, con textos de Gulliver e da Illa do Tesouro… Así, Oliver Jeffers e Sam Winston constrúen un libro-obxecto peza de arte que nos reconforta e nos dá a esperanza que precisamos a aquelas que pensamos que a literatura nos axuda a construírmos un mundo mellor.
Olá! Sou o Libroamiko, o seu conselheiro de livros.
Como posso ajudar?